El que sirve a todos

Foto: ALBA CASTRO
photo_camera Foto: ALBA CASTRO

DESPOIS DE ANOS escribindo un longo currículo, Manuel Martínez achégase a hostalería cunha grande curiosidade e sensibilidade, que plasmou nese recuncho deseñado para ser a cervexería Manuel María (homenaxe ao seu pai) e abofé que resultou un establecemento con encanto, no que algo tería que ver a súa formación como enxeñeiro técnico e arquitecto. E a verdade que conseguiu un lugar axeitado para catar unha bebida acompañándose dunha conversa de vagar, todo isto amenizado cunha música seleccionada por quen foi dono e membro da orquestra Madeira, que tantas verbenas percorreu por toda a xeografía galaica, percatándose de que a música é a única linguaxe que chega ó ceo, e adiviñando os gustos musicais dos clientes á primeira ollada.

E Manuel persoa que precisa de poucas palabras para facer que te sintas na túa propia casa, e como é o que serve a todos resulta ser o mellor de todos.

E ademais... é da Fonsagrada.


MANUEL CHAÍN é edil de Infraestruturas en Lugo

Comentarios