viernes. 03.04.2020 |
El tiempo
viernes. 03.04.2020
El tiempo

O que perde a noite, perde o día

SSEN1688.JPG
SSEN1688.JPG

Noites de festa rachada. Un ano máis os festivais que fan vibrar aos veciños de toda a Chaira presentan os seus carteis cunha variedade de grupos, que animarán as noites máis cálidas e longas do ano en citas consolidadas como o Festival da Chaira, o Kontrashte Fest, o Festival de Pardiñas, o Festival Folk da Fraga ou o Festival 27373.

os días soleados de verán traen consigo as ganas de rumba e de festa. Son épocas nas que os días son moi longos e as noites non chegan a nada. Chegan as ansiadas fins de semana e a tradición das festas e dos festivais que se repiten ano tras ano. Os máis esperados xa colgan o cartel das súas actuacións, polo que hai que coller lapis e papel e sinalar as datas clave no calendario.

Unha das primeiras ofertas que achega o verán é o Festival da Chaira, organizado pola asociación cultural A Chainza, que se celebra este sábado na praia da Riboira, na Pastoriza.

Ao mediodía, o encargado de amenizar a sesión vermú desta oitava edición é Ce Orquesta Pantasma. Á noite, a festa estará asegurada coa actuación dos grupos Milesios e os seus ritmos folk, e Som do Galpom, Zenzar e Skandalogz, que nos somerxerán nunha mestura de estilos. A cita completarase coa disputa do IV Aberto de Billarda, xunto con outros xogos populares na carballeira.

Tamén este sábado, a asociación xuvenil Kontrahste organiza a terceira edición do Kontrashte Fest, que se celebra no Canal IV das Pontes, nas inmediacións do heliporto, e que contará con zona de acampada gratuíta.

Consiga AQUÍ la información completa

O que perde a noite, perde o día
Comentarios