martes. 10.12.2019 |
El tiempo
martes. 10.12.2019
El tiempo

O produtor Julio Fernández aspira a levar tres premios Mestre Mateo

Luis Iglesia. aep
Luis Iglesia. aep

Dúas producións dirixidas polo fonsagradino Julio Fernández, a través de Producións A Fonsagrada, Castelao Producións e Bren Enterteiment, son candidatos a un premios Mestre Mateo.

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer onte en A Coruña os finalistas a estes galardóns entre os que figuran as producións ‘Reliquias’, en mellor pellícula de televisión; ‘Copito de Nieve’, en longametraxe de animación, y ‘Cos pés na terra’, en programa de televisión.

A presenza de Lugo nas nominacións conta tamén con Luis Iglesia, que figura na categoría de interpretación masculina protagonista; estando Antonio Mourelos presente no apartado de interpretación masculina de reparto. Tamén da provincia son o perruqueiro ribadense Óscar Aramburu, en maquillaxe e perruquería, e o músico burelés Iván Laxe, en son.

Ficción

En canto a número, foron catorce as nominacións que obtivo ‘Matalobos’, indo seguida en canto a número a longametraxe de ficción ‘Doentes’, con 13 candidaturas; a película de animación ‘Arrugas’, oito; o documental ‘Tralas luces’, seis, e a longametraxe para televisión ‘Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego’, tamén finalista en seis categorías.

A décima edición dos Mestre Mateo concorreron 132 obras, 85 produtoras e 385 profesionais, cifras similares ás de anos pasados, informaron os organizadores.

Á produtora de películas como ‘Celda 211’, Emma Lustres, membro da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual, afirmou onte que a cantidade e a calidade dos proxectos presentados «dan boa conta de que o talento en Galicia non se atopa en crise como se atopan outras cousas».

Sara Horta, secretaria da Academia, explicou que agora terá lugar unha segunda rolda de votacións, na que os 245 socios da Academia decidirán o nome dos gañadores.

Longametraxe

As opcións que se lles propoñen no apartado de longametraxe son ‘A casa da luz’, ‘Doentes’, ‘Secuestrados’ e ‘Sinbad’. ‘Arrugas’ baterase con ‘Copito de Nieve’ en longa de animación. Como longametraxe documental foron escollidas ‘Brasil somos nós’, ‘Lois Pereiro, seguindo os surcos’, ‘Mho Mann’ e ‘Tralas luces’, mentres que ‘Eduardo Barreiro, o Henry Ford galego’, ‘Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde’, ‘A pesar de todo, quérote’ e ‘Reliquias’ aspiran a ser a mellor película de televisión.

Os candidatos en dirección son Gustavo Balza (‘Doentes’) Ignacio Ferreras (‘Arrugas’), Sandra Sánchez (‘Tralas luces’) e Simón Casal de Miguel (‘Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego’).

Antonio Durán ‘Morris’, Federico Pérez, Luis Iglesia e Xosé Manuel Olveira ‘Pico’ son as opción que teñen os membros no apartado masculino de interpretación protagonista. No feminino figuran Luisa Merelas, María Bouzas, María Vázquez e Susana Dans.

En reparto están Mourelos, ademáis de Ricardo de Barreiro, Víctor Fábregas e Xabier Deive, no ámbito masculino. No feminino, as alternativas son Camila Bossa, Fina Calleja, Marta Larralde e Mela Casal. O xovense Roberto Vilar terá que impoñerse en mellor comunicador de televisión con Marcos Pereiro, Marta Doviro e Xosé Touriñán.

Os candidatos no apartado de música orixinal son Bieito Romero (‘Doentes’), Manu Conde (‘Outro máis’), Nani García (‘Arrugas’) e Sergio Moure (‘Secuestrados’).

O produtor Julio Fernández aspira a levar tres premios Mestre Mateo
Comentarios