O problema non é do número, senón da xestión

Non creo que o número de congresistas ou deputados autonómicos agrave ou alivie a situación económica dun país, pero non vou ser eu o que me opoña á redución dos representantes nunha cámara. Simplemente, parécenme unha decisión e un debate intranscendentes; alá eles, porque xa me dirán que significan dez ou doce deputados máis ou menos nun orzamento de 8.500 millóns. Os que toman as decisións non deberían entrar no populismo facilón de que sobran políticos, porque o que realmente falla non é o número, senón a xestión, na que dentro das boas prácticas entraría a racionalización para evitar duplicidades como a existencia de deputacións en paralelo a comunidades autónomas ou mesmo o mantemento de tres aeroportos case pegados. Ese é o problema, que cando se plantea un cambio ningún partido quere, por non perder un recuncho de poder, por pequecho que sexa.

Comentarios