O problema continúa

NON haberá mañá consulta como os defensores do dereito a decidir pretendían, pero o problema en Cataluña non acaba aquí. Se os adalides de que todo siga igual porque así o marca a Constitución pensan que logo do luns a normalidade volverá, están equivocados, porque estes meses de precampaña extraoficial serviron non para atenuar o independentismo senón para o contrario, como así o reflicte o último barómetro do CIS. Nunca en España houbo tanto apoio a que as comunidades poidan converterse en estados, o 11,5 por cento segundo a enquisa, grazas ao empurrón centrífugo dos mesmos que o mesmo defenden a sacrosanta unión con Cataluña ca emprenden campañas de boicot contra os seus produtos ou apoian asociacións que insultan aos seus poboadores. A ninguén se pode reter obrigado,o remedio é atopar fórmulas para que todos se sintan cómodos, e iso agora nin ocorre nin se busca.

Comentarios