''O premio é un recoñecemento á traxectoria do restaurante''

Os catro fillos de Xoán Corral, que rexentan conxuntamente o restaurante Galicia. (Foto: C. Pérez)
photo_camera Os catro fillos de Xoán Corral, que rexentan conxuntamente o restaurante Galicia. (Foto: C. Pérez)

O primeiro premio gastronómico que adornará as vitrinas do emblemático restaurante Galicia de Baamonde será un dos recoñecementos más prestixosos a nivel nacional, o Plato de Oro, unha distinción que concede Radio Turismo e que lles será entregada mañá aos responsables deste negocio familiar begontino no transcurso dos actos da feira sectorial Xantar de Ourense.

«Este premio é un recoñecemento á traxectoria do restaurante», explica Jamy Corral, un dos catro fillos do finado Xoán Corral, que hai pouco máis dun ano, tralo falecemento de seu pai, apostaron por «coidar o que nos deixaron», continuando o negocio familiar. «Para nós e unha inxección de ánimo, porque estamos empezando, aínda que xa tiñamos moito feito, cunha clientela que segue a ser fiel», comentan.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios