El premio Díaz Jácome de Mondoñedo catapulta la obra de tres nuevos poetas

Maceiras, Castiñeira e Lobelle posan cos diplomas, xunto a políticos e persoeiros, en Mondoñedo. (Foto: Antonio López)
photo_camera Maceiras, Castiñeira e Lobelle posan cos diplomas, xunto a políticos e persoeiros, en Mondoñedo. (Foto: Antonio López)

O certame lírico que a cidade episcopal -e «antiga capital da provincia», como adoita subliñar o alcalde Orlando González-, lle adica ó literato e xornalista mindoniense José Díaz Jácome dende hai 14 anos, finalizou onte coa entrega de premios ós tres gañadores do concurso, que convirte a Mondoñedo nun referente en Galicia na implantación de eventos dirixidos a dar a coñecer aos novos talentos literarios.

O primeiro premio, dotado con 1.500 euros, recaeu na obra ‘Da retranca dos teus ollos’, do historiador chantadino Rafael Lobelle, que con tan só 25 anos, vén de gañar, en dúas ocasións, o certame autonómico Xuventude Crea. O alcalde de Mondoñedo, recuperado dunha doenza, puido asistir para entregarlle o galardón e aproveitou para subliñar a importancia de «contar con institucións galegas que respalden á cultura propia, porque antes era Caixa Galicia a que apoiaba o certame e agora, é a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo a que o fai».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios