jueves. 29.07.2021 |
El tiempo
jueves. 29.07.2021
El tiempo

El pleno de organización de la nueva corporación de Viveiro será este jueves

Os integrantes da nova corporación municipal vivariense empezarán a traballar nas súas respectivas áreas logo do pleno de organización, que segundo deu a coñecer o alcalde, Melchor Roel, será este xoves ás 20.30 horas.

Nesta sesión plenaria farase oficial o reparto de concellerías que xa anunciaron tanto o PSOE como o BNG. Por parte dos socialistas, María Loureiro será responsable de urbanismo, xestión administrativa, réxime interno e participación cidadá; Jesús Fernández Cal levará medio ambiente e medio rural, Isabel Rodríguez seguirá con servizos sociais, Carlos Gueimunde asumirá seguridade cidadá e protección da comunidade, e Covadonga Viamonte levará facenda, muller, educación e emigración.

En canto ós nacionalistas, Bernardo Fraga terá obras, servizos públicos e mar; Olaia Casas, cultura, turismo e mocidade, e Manuel Galdo deporte, turismo e industria.

El pleno de organización de la nueva corporación de Viveiro será...
Comentarios