El pintor y escultor Anxo Lamas inicia su carrera poética con 'Tebras'

Anxo Lamas (dereita) recitou un par dos seus poemas (Foto: C.Arias)
photo_camera Anxo Lamas (dereita) recitou un par dos seus poemas (Foto: C.Arias)

«A súa cabeza é unha ola a presión chea de ideas que necesita unha válvula de escape», relataba o párroco de Castro de Rei, Xosé Manuel Carballo, para retratar a Anxo Lamas, Veciño de Honra da súa parroquia, Bazar, dende hai catro anos, e un artista polifacético que tras moito tempo moldeando formas e cores a través da escultura e a pintura decidiu adentrarse no mundo da poesía con ‘Tebras’, a súa ópera prima.

O creador chairego, rodeado de amigos e de deceas de veciños e veciñas que demostraron que a cultura «non existe só na cidade», sorprendeu a todos a través dunha faceta descoñecida por moitos e presentou no teleclub de Castro de Rei a súa primeira obra poética, un libro publicado a través de Xermolos e a Fundación Manuel María.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios