O perigo das maiorías absolutas

(*)

O sistema electoral adoptou a fórmula da proporcionalidade que, non por acaso, resultou
ser a menos proporcional de todas: a regra D’Hondt, que permite unha moi importante
corrección a prol das candidaturas máis votadas, de xeito que votacións do 43 ou 44 por
cento, que en termos de censo resultaron andar polo 26%, permitíronlle no 2011-por
exemplo- ao PP desfrutar a maioría absoluta municipal acadada na Coruña ou en
Compostela.

Se a isto lle engadimos a obrigatoriedade de que as candidaturas acaden un
mínimo do 5% dos votos para obter representación no Congreso, no noso Parlamento e nos
concellos, teremos un mapa aproximado das moi restritivas condicións que as leis
impuxeronlle á proporcionalidade enunciada teoricamente na Constutución e no noso
Estatuto.

Non se trata de que as regras do xogo beneficien ao PP, ao PSOE ou au sursum corda.
Trátase de recuperarmos a proporcionalidade. Por qué non apostamos por reflectir unha
representación real da sociedade, de xeito que un 3% ou un 12 % dos votos se poida
traducir en porcentaxes aproximadas de representación?

Fica a cuestión dos gobernos. Na Europa o normal son os gobernos de coalición e non os de maioría absoluta, porque as sociedades son plurais e as maiorías absolutas haberían ser puramente episódicas. Xa que logo, o normal será que os partidos dialoguen dende o
veredicto da cidadanía e acaden acordos que xunten unha maioría da representación que
faga posíbeis gobernos estábeis.

Claro que, quizais, habería comezar prantexarse se todas as forzas que acaden
representación teñen que entrar nos Gobernos, malia que non se dea unha maioría absoluta
a prol dunha única opción. Ao mellor as forzas emerxentes poderían reservarse na oposición
sen prexudicar as súas opcións de remuda futura da gobernanza. Mais isto haberíao decidir
cada opción en cadanseu momento.

A ARRINCADEIRA

COMPROMISO rexeita participar nas Deputacións. Os galeguistas de COMPROMISO acordaron este domingo no seu Congreso non participar nas Deputacións, por ser organismos inútiles e lesivos para a Facenda de todos e para a boa gobernanza deste
País. Se hai consenso político nalgún asunto na Galicia  é na nocividade destes entes
desbaldadoras do carto público pola súa xestión caciquil e ineficiente. Que mesmo poderían
caer nunha próxima reforma constitucional.

(*)Se mantiene el idioma original del artículo.

Comentarios