viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

O parque Manuel de Blas de Portomarín xa loce nova imaxe tras a reforma

O investimento foi a cargo do Plan Hurbe, que tamén destinou 34.000 euros á mellora da praza do mercado

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investiu 111.188 euros en obras de remodelación de espazos públicos en Portomarín, entre as que figura a reforma do parque Manuel de Blas, que vén de rematar.

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, supervisou onte o resultado das actuacións, acompañado polo alcalde de Portomarín, Juan Serrano.

A intervención no parque Manuel de Blas serviu para mellorar a súa estética e a da zona que serve de enlace coas rúas do Pelegrín, Miño e a avenida de Sarria. Renováronse os pavimentos, o mobiliario, as luminarias e as zonas verdes. Tamén se rehabilitou a fonte situada na intersección das rúas.

O parque Manuel de Blas de Portomarín xa loce nova imaxe tras a...
Comentarios