O Parlamento galego, perigoso extremista

A ESTE paso van acabar declarando grupo terrorista o Parlamento galego. Son moi capaces. Só lles falta convencer a Estados Unidos e, ala, os nosos representantes pasarán a ser uns perigosos criminais para o mundo. E todo por unha aprobación de apoio a Palestina.

Pois iso sentoulle tan mal a Israel que o seu embaixador en España dirixiu unha carta de protesta á presidenta e os portavoces parlamentarios para facerlles ver o seu malestar e indicarlles que coa súa postura súmanse aos seus «peores e máis extremistas» inimigos, como Hamás ou Hezbolá. Ou con eles ou contra eles, en resume.

É a súa filosofía desde a creación do Estado en 1948, ano desde o que foron incrementando territorio e arrebatando terras que tiñan propietarios, pero se alguén lles di que as teñen que devolver convértese en adversario radical, aínda que só lle reclame que cumpra as resolucións da Onu e cos dereitos humanos.

Comentarios