O oficio humano

Avance dos contidos do Táboa redonda deste domingo

María Valcárcel revisa o cinema de Roberto Rosellini, que quería «aprender o oficio de ser home». Nieves Neira comenta ‘El libro de Gloria Fuertes’ co gallo do seu centenario. António Luís Catarino conta as tribulacións de ser homo sapiens. Henrique Mariño cita as memorias do indolente xornalista César González-Ruano. Javier Nogueira fala das dificultades políticas do serbio Danilo Kiš e Portorosa volve sobre Philip Roth para falar dos problemas sociais dun personaxe seu, acusado ridiculamente de racismo. Manuel Gago louba o poder de conservar do frío, que tanto vale para uns langostinos como para un fusil. Jaureguizar fai unha crónica do seu paso por unha praia nudista cuberto por unha novela de Tolstoi.

Comentarios