El Nino Bravo que mantiene vivo su arte

José Ángel Martínez (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera José Ángel Martínez (Foto: José Mª Álvez)

ESTE POPULAR veciño leva cáseque 43 anos acariñando un soño musical cincelado polas fermosas notas acompasadas que xa, na Grecia Clásica, deixara como herdade o arpista Orfeo. Bo rapaz onde os haxa, cando falo con el ofréceme ese candor innato que semella que a malicia non existe no ser humano. Chamámoslle con todo cariño Nino Bravo, pois Jose, orgulloso de tal alias, devece por subir aos palcos das orquestras con potente e modulada voz para interpretar as cancións que con tanto éxito popularizara aquel afamado cantante valenciano. Este meu amigo díxome cá recoñecida orquesta Panorama, na derradeira vez que actuou en Ribadeo, non lle deixara subir ao palco: Jose, olvídate da Panorama! A túa ilusión, amiguiño, onde teces un mundo de inofensiva e artística fábula, está moi por riba da actitude disos medio endeusados músicos. Ti sigue adiante, preciado compañeiro, Ribadeo estará sempre contigo, Nino Bravo!

Comentarios