O Museo Provincial fai un percorrido polo gravado galego do século XX

Mario Outeiro e Aurelia Balseiro presidiron a inauguración da mostra. SEBAS SENANDE
photo_camera Mario Outeiro e Aurelia Balseiro presidiron a inauguración da mostra. SEBAS SENANDE

A comisaria de O gravado na arte galega contemporánea, Aurelia Balseiro, cita tres nomes para establecer unha guía desta exposición que se abriu onte no Museo Provincial de Lugo: Castelao, Patiño e Seoane.

A mostra, que inaugurou o delegado provincial de Cultura, Mario Outeiro, está integrada por corenta obras de 28 artistas "nacidos maioritariamente no primeiro terzo do século XX", segundo Balseiro, quen engadiu que varios deles viviron ata celebrar o ano 2000.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios