El monstruo del lago pontés

Unha imaxe da cinta sobre o lago pontés. (Foto: EP)
photo_camera Unha imaxe da cinta sobre o lago pontés. (Foto: EP)

Intentan gardar o segredo baixo chave, pero ao mesmo tempo traballan para captar a atención da xente no seu proxecto. Un colectivo de mozos das Pontes, repartidos na actualidade por Santiago, A Coruña, Madrid, Sevilla ou incluso Finlandia, presentará o día 28 no Lar o documental ‘Eu tamén o vin’, un traballo que con aspecto de reportaxe informativo e moito humor busca estimular o debate sobre o futuro da localidade, centrado no lago, que presume de monstro.

Endesi, que é como chaman ao habitante do lago pontés pola similitude co nome da eléctrica propietaria e do mítico Nessi, é a escusa para «esaxerar as opinións dos que defenden o ‘desarrollismo’ frente á xente crítica para estimular o debate e que cada un teña a súa propia visión», explica un integrante do equipo.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios