''O meu refuxio na arte foi voltar a unha obra máis sincera''

a piques de coller un avión para Nova York, a cidade na que vive dende hai máis dunha década, Antonio Murado (Lugo, 1964) atende o teléfono para falar da súa última visita a Galicia e do que lle preocupa arredor do mundo da arte.

Canto de importante é viaxar para un creador?

Pois para un creador, depende de cada un. O mundo da creación, segundo o entendo eu, é mais interior que exterior. E, ben, se necesitas provocar que interiormente se disparen algúns mecanismos creativos viaxando pois está moi ben. Pero se non, non fai falta ningunha. O viaxar é máis, digamos, a parte profesional, de presentarse.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios