El niño que crea fantasías

Foto: XESÚS PONTE
photo_camera Foto: XESÚS PONTE

NA CHAIRA baixa da torre alfocense do Mariscal Pardo De Cela, o vento semella depositar a semente fantasiosa daquel fillo do boticario mindoniense a quen chamaban Cunqueiro.

Alí (en casa de pedra con cabozo, na parroquia de Vilaúde, e sentado en pequena mesa a carón dunha ventá pola que se mira o ramalloso corpo dunha figueira), cando chega a época estival, da mente de Lourenzo agroman escintilantes raiolas imaxinativas que intensifican a valía da dramaturxia galega.

De neno, súa avoa materna achegáballe contos de aventuras con abraiantes láminas ilustrativas. Tal feito, provocou nese meniño encarreirar os seus pasos artísticos cara o mundo da creación teatral preñada de fantasías.

Así, co paso do tempo, Manuel -Manolo de Mucha para todos nós os ferreirenses-, logo de moito traballar no eido da escritura e da moita perseveranza na parcela escénica, converteuse en importante home do teatro que, co seu magnífico quefacer, dignifica a profesión.

Con todo, malia ser o grande pai da obra dramática galega (fai máis de cincuenta anos que está na batalla en defensa do teatro independente), Manolo, non sabe máis que ofertar no seu trato cordial humildade e desinteresada colaboración.


Arturo Mogo é veciño e escritor afeccionado

Comentarios