O mellor dos pasatempos

IMG_2464.JPG
photo_camera IMG_2464.JPG

«Non é ningunha vergoña ser alcohólico, a vergonza é selo e non recoñecelo». Así de claras ten as ideas Miguel Ángel Amarelo Cibreiro, un veciño da parroquia xermadesa de Momán, que atopou na creación de pezas de madeira «unha terapia» para ocupar o tempo libre e deixar a un lado a adicción á bebida.

«Levo 14 anos sen beber nin unha gota», di, mentras subliña a importancia que tivo e ten neste proceso a axuda da asociación de alcohólicos rehabilitados Adiante, das Pontes, que agora tamén ten sé en Vilalba, e o seu mellor «pasatempos», o deseño de pezas de madeira, no que leva máis de oito anos.

«Meu pai era carpinteiro e facía coitelos e meu tío era Raúl, da moblería e carpintería de Momán. Meu avó xa era carpinteiro», rememora Miguel, que aínda así e dentro dunha familia moi apegada á madeira, asegura que el aprendeu de forma autodidacta. «De ensinarme, nada. Aprendín facendo», apunta.

Tras case unha década creando formas e varios centos de pezas realizadas, Miguel recorda que empezou facendo «pequenas zocas». «Non me saían moi ben, a verdade», di. Pero foi practicando, e mellorando, ata facer todo tipo de formas: mouchos, bonecos, pipas, pequenas cuncas, figuriñas, chaveiros, colgantes, adornos para os botóns, carros, algún hórreo... e a súa especialidad, as mans, todas «con significados».

«Hai quen pensa que son amuletos, pero non o son», asegura este veciño de Momán, que nunca se plantexou participar en feiras nin vender as súas creacións. «Vendín algunha a coñecidos, polo boca a boca, pero nada importante», asegura. Tamén repartiu pezas entre amigos e algunhas poden verse en bares de Vilalba, Roupar, As Pontes ou O Mariñeiro, en Momán.

Traballa na casa, con buxo e teixo e el mesmo fai incluso as súas ferramentas. «Fago todo, vernizo as pezas e algunhas píntoas de diferentes cores», apunta, mentres asegura que todo o proceso é un «pasatempo». «Lixar, pulir... reláxame moito», engade. Por eso, intenta adicarlle todo o tempo que pode.

«Depende do día, pero voume tarde á cama case sempre e boto dúas ou tres horas, incluso catro ás veces, dándolle voltas á madeira antes de durmir», di. «E se vou coas vacas -engade- sempre levo que facer porque así paso mellor o tempo». De media, cada peza lle leva un promedio de dúas horas, aínda que algunhas, suman moito máis tempo, dice.

Comentarios