miércoles. 21.08.2019 |
El tiempo
miércoles. 21.08.2019
El tiempo

O mellor agasallo

Os regalos de Reis téñoos aínda ben atadiños aos pés da cama, tan intactos e tan virxinais como o día en que caeron do camelo. Resistinme a abrilos cando debe facerse, e non foi precisamente por dar nin a nota nin o canto enteiro, senón porque este ano, a diferenza dos anteriores, xa sei que non conteñen nin ouro nin carbón, así que a cuestión é máis de constancia que de sorpresa. Tan só os cambiei de sitio, do pé da árbore ao pé da cama, porque a árbore plastificada xa repousa metidiña no seu féretro de cartón agardando o rexurdimento dentro de máis ou menos un ano. E con ela as bólas e os anxiños prateados.

Que me dera este arrebato non ten nada que ver coa frase esa que anda rulando polo Facebook en relación ás señoras que cambian e devolven agasallos en rebaixas para meter no peto o corazón dos agasallados e ao tempo algún que outro billete para poñer mechas e facer a manicura francesa. Para cambios xa tiven eu abondo cos da cea de Noitevella, pois a maioría absoluta dos comensais que eramos optaron por ver as uvas coa Pantoja, despois de que pasara a primavera, pasara o verán, se fora o outono e chegara o inverno para, entre outras cousas, deixar plantada á Igartiburu a cambio dunha dose de Marmelada e de reconciliación amorosa entre o neno e a nora de apelido tan boíño. Mentres tanto alí seguían os meus agasallos, envoltos en cada badalada, cheos ata o tope e sen pesar nin un gramo, tan baratos e tan sumamente impagables: cheos de esperanza.

O mellor agasallo
Comentarios