sábado. 22.01.2022 |
El tiempo
sábado. 22.01.2022
El tiempo

O libreiro Pablo Rodríguez será o pregoeiro da Xira de Santa Cruz

Actuación nunha anterior romaxe da Xira de Santa Cruz
Actuación nunha anterior romaxe da Xira de Santa Cruz
A Asociación Amigos da Gaita valorou os seus vencellos coa vila e os seus coñecementos ►Para el, que mantén unha libraría na avenida Rosalía de Castro, supón un auténtico revulsivo

Os ribadenses desfrutarán este sábado, 5 de agosto e sobre todo o domingo da súa romaría máis propia, a de Santa Cruz. A asociación Amigos da Gaita, que organiza esta festa adicada tamén ao instrumento galego por excelencia, pretende recuperar a tradición: "Que suban os nenos cos maiores para ir comer e para as merendas, que enchan o miradoiro e que ula a churrasco e a chourizo nas parrillas", animou a presidenta, Marta Sáiz. Este ano o pregoeiro será "unha persoa moi vencellada á localidade e con moitos coñecementos sobre a festa", señaló Saiz. Se trata del librero Pablo Rodríguez.

Pablo Rodríguez, 'Vivín', lerá o pregón o vindeiro sábado e, o domingo, familias enteiras subirán a Santa Cruz á romaxe


Para o libreiro –que este ano sufriu un doloroso desafiuzamento dun dos seus dous negocios, manténdose no da avenida Rosalía de Castro– supuxo unha alegría que o elixiran para ler o pregón dunha festa que comezou institucionalmente a celebrarse en 1962. "Seguramente os meus pais xa me levaran á primeira que se fixo", apostillou, "aínda que os xantares se remontan a principios do século pasado", engade.

Esta festa de interese turístico galego comezará o sábado ás sete e media do serán cun pasarrúas antes da lectura do pregón, das oito, no Teatro. Deseguido actuarán as escolas de Amigos da Gatia e ás once da noite, no parque de San Francisco, o público desfrutará da música Quinteto Tanxugueiras.

O domingo da Xira, os Quenindiole, Proxecto Sarope e Axóuxere de Roupar animarán as rúas e de novo as escolas actuarán no Cantón antes da suba ao miradoiro para xantar. A ofrenda floral ao monumento ao gaiteiro será ás seis e actuará o grupo Pelepau.

O libreiro Pablo Rodríguez será o pregoeiro da Xira de Santa Cruz
Comentarios