O inmigrante especial Depardieu

SE É CERTO o que dixo Platón de que a pobreza non vén pola diminución das riquezas senón pola multiplicación dos desexos, cada vez debe haber máis ambición, porque incontestable é que de ano en ano medra o número de infortunados na loita por subsistir. E mentres aumentan os desafiuzamentos, os despedimentos e o malvivir, ao mesmo ritmo crecen as riquezas dos máis poderosos, algúns dos cales non teñen reparos en cambiar o domicilio fiscal e rachar co lugar de nacemento con tal de pagar menos impostos, como o propietario de Louis Vuitton ou o repetidamente mentado Depardieu, que cobra obscenas cantidades por película, pero dóelle colaborar co que determine o Estado. E tamén hai mandatarios, coma o ruso, que lle dan a cidadanía a un opulento no mesmo tempo que deportan a un pobre, porque a inmigración non é cuestión de país, relixión ou raza, é un problema de cartos.

Comentarios