El Iescha promoverá en el 2013 un concurso de fotografía

Directiva do iescha (Foto: C.Pérez)
photo_camera Directiva do iescha (Foto: C.Pérez)

Unha das principais novidades do Instituto de Estudios Chairegos neste 2013 será a organización do primeiro Concurso de Fotografía Terra Chá, unha nova proposta fixada para o mes de xuño que nace co obxectivo de celebrarse bianalmente, alternándose co xa consolidado Certame de Pintura Rápida, que contará cunha nova edición no 2014.

A entidade cultural celebrou o pasado venres a súa asamblea xeral ordinaria, na que aprobou para este 2013 un orzamento de 23.963,77euros, que se destinarán principalmente a custear publicacións (15.000 euros) e a realización de actividades (6.000 euros).

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios