El IES Poeta Díaz Castro graba en Os Vilares una película sobre el escritor

Un momento da gravación, co párroco, Díaz Castro e o mestre. (Foto: C.Pérez)
photo_camera Un momento da gravación, co párroco, Díaz Castro e o mestre. (Foto: C.Pérez)

O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz está a honrar o personaxe que lle dá nome ao centro e ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas coa posta en marcha dunha serie de traballos ao redor do poeta dos Vilares entre os que se inclúe a película ‘Os camiños esquencidos’, da que parte da gravación se desenvolveu na xornada de onte nos Vilares, parroquia natal do escritor.

Profesores, alumnos e familias, veciños da zona ou o grupo de música tradicional Folquiada sumaron esforzos par dárlle forma a este traballo dirixido por Cristina de la Torre, da produtora Pasenyvean, que se foi cocendo, coa intervención directa dos alumnos, nunha serie de obradoiros de audiovisual desenvolvidos este curso no centro. O obxectivo era «priorizar a experiencia do proceso» e ademais lograr «que eles incorporen a Díaz Castro coma un personaxe do seu contexto, porque naceu aquí e ten que ver con eles», sinala a directora.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios