El IES María Sarmiento registra una mayor demanda en los ciclos

Alumnos do ciclo de electromecánica do vehículo. (Foto: Antía / AMA)
photo_camera Alumnos do ciclo de electromecánica do vehículo. (Foto: Antía / AMA)

O instituto María Sarmiento de Viveiro experimenta neste inicio de curso un aumento na matrícula nos ciclos, especialmente nos medios de electromecánica do vehículo e soldadura, que, segundo recoñece o director, Juan José Pardo, «non teñen prazas suficientes para a demanda» polo que quedan alumnos fóra que terán que escoller outra especialidade. Aínda que non está pechada a inscrición, cita que se teñen «22 ou 23 prazas, hai máis de 30 solicitudes».

Estas ensinanzas teñen moi boas saídas, di o director, e como exemplo diso asegura que «hai alumnos que tiñan que facer agora as prácticas dos ciclos do curso pasado e estanas aprazando porque están traballando».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios