Intervencións: Lectura de poemas e actuación musical

O IES de Becerreá entrega os seus premios a favor da promoción da galego

Os colectivos galardoados nesta terceira edición foron a asociación Abrente e a Sociedade Deportiva local
Representantes dos colectivos premiados, este venres en Becerreá.
photo_camera Representantes dos colectivos premiados, este venres en Becerreá.

O salón de actos do IES de Becerreá acolleu este venres a ceremonía de entrega dos premios á promoción da lingua e a cultura galegas na comarca dos Ancares, uns galardóns que este ano chegaron á súa terceira edición. Os premiados nesta ocasión foron a asociación cultural Abrente, no ámbito do asociacionismo cultural, e a SD Becerreá, na categoría de iniciativas privadas. 

A comisión encargada de fallar este certame –presidida polo director do centro, Fernando Cerecedo, e composta polo coordinador do equipo de dinamización lingüística, Antón Bao; os alumnos Tania Morandeira, Álvaro Fernández, Iolanda Gallardo e Lucía Gómez, e o representante de pais do consello escolar, Ovidio Montaña– decidiu outorgar o galardón no ámbito do asociacionismo cultural ao colectivo Abrente das Nogais, "polo labor que desde 2008 realiza para recuperar o patrimonio musical dos Ancares e por supoñer unha alternativa de lecer para os mozos". 

Pola súa banda, a SD Becerreá foi recoñecida no ámbito das iniciativas privadas, por desenvolver "toda a súa actividade", en lingua galega, "nun ámbito tan atractivo para a xente xove como é o deporte", segundo se destacou no transcurso da gala.

Comentarios