O IES da Terra Chá organiza charlas sobre consumo responsable

El centro conmemoró el Día Internacional del Consumidor
Charla de A Cova da Terra no instituto de Castro.
photo_camera Charla de A Cova da Terra no instituto de Castro.

O IES da Terra Chá José Trapero Pardo de Castro conmemorou o Día Internacional do Consumidor con diferentes actividades sobre consumo responsable, que implican os distintos departamentos e o alumnado.

A ponencia ‘Comercio xusto, consumo responsable’, impartida por A Cova da Terra, á que asistiron os alumnos de terceiro da Eso e de Economía de 1º de BAC serviu para inaugurar un ciclo de charlas nas que tamén se abordará a linguaxe publicitaria, da man da Escola Galega de Consumo, e a banca ética, con Triodos Bank.

Ademais, os alumnos de Tecnoloxía Industrial de 2º de BAC falarán cos de primeiro ciclo de Eso sobre a ‘Problemática, consecuencias e accións individuais a tomar ante o problema do consumo e do lixo’, mentres dende o departamento de orientación convocan o concurso ‘2º Vida’, para fomentar a reciclaxe.

Comentarios