El I Festexo da Troita reunió a unos 60 pescadores

O club Rodeo organizou esta cita, que contou con concursos e degustacións
Participantes en el Festexo da Troita
photo_camera Participantes en el Festexo da Troita

O primeiro Festexo da Troita de Ribeira de Piquín foi todo un éxito, coa participación de preto de 60 pescadores nos concursos de pesca que incluía o evento, aos que se uniron outros convidados para compartir con eles o resto da programación deste día de festa.

A xornada promovida polo club deportivo Rodeo comezou coa disputa da competición, na que os participantes tiñan catro horas e un tramo de río asignado, ao longo dos arredor de 15 quilómetros dispoñibles para o concurso nos coutos de Ribeira de Piquín e de Villarmide, para realizar cantas capturas puidesen e así facerse coa vitoria.

Non foron moitas as troitas que lograron pescar, ao parecer polo vento que soplou na zona, o que segundo os expertos pode ser un problema á hora de atraer as pezas. Aínda así, houbo quen se deu máis maña e eses non foron outros que Álvaro García e Eladio Pérez, na modalidade de lance, e Pascasio Álvarez e Luís Sandamil, no concurso de pesca con cebo.

A celebración completouse cunha degustación gratuíta de troitas na praza do Chao do Pousadoiro, nunha carpa habilitada para a ocasión, onde tamén se puido gozar dunha entretida sesión vermú e dunha verbena coa orquestra Tropicana de León.

Os participantes nos concursos, xunto a familiares e amigos, tamén compartiron unha comida de confraternidade no restaurante Casa Horacio.

Comentarios