viernes. 16.04.2021 |
El tiempo
viernes. 16.04.2021
El tiempo

O home máis rico do mundo estivo en Galicia cun dos Vázquez Raña

O Faro sacaba o venres a foto en portada: o mexicano Carlos Slim, de 72 anos e considerado o home máis rico do mundo pola revista Forbes, pasou uns días en Galicia na compaña de Olegario Vázquez Raña, o multimillonario emigrante galego. Estiveron en Avión (Ourense) e voaron nos seus jets desde Vigo.

O ex deputado Escribano pide un cargo ao PP para volver á política
O deputado autonómico Javier Escribano (Ferrol, 1981), obrigado a dimitir tras verse involucrado nun presunto suborno no caso dos áridos tóxicos, considera que o PP debe botarlle agora unha man para volver á política. Dito doutra maneira: pide un cargo tras ser arquivada a súa causa. Malia todo, non o ten doado.

Sandra Aguilar irá a Londres 2012 malia a súa sanción por dopaxe
De El Progreso: ''[A atleta lucense] Alessandra Aguilar poderá disputar o maratón nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 despois de ser sancionada por tres meses tras un positivo por heptamol''. Ela, que sempre argumentara que se dopara por un erro médico, séntese afortunada e agradece as mostras de apoio.

O home máis rico do mundo estivo en Galicia cun dos Vázquez Raña
Comentarios