'O home de negro', novela curta premiada no día dedicado a Neira Vilas

María Ángeles Alfaya Bernárdez, máis coñecida como An Alfaya resultou ser a autora do libro gañador da segunda edición deste galardón
El secretario general de Política Linguística, Valentín García, la galardonada María Ángeles Alfaya Bernardez y autoridades culturales y políticas locales
photo_camera El secretario general de Política Linguística, Valentín García, la galardonada María Ángeles Alfaya Bernardez y autoridades culturales y políticas locales

A entrega do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta coincidiu nesta xornada co primeiro día que se lle dedica ao escritor da soada obra Memorias dun neno labrego.

Entre a decena de traballos presentada a concurso, o xurado da segunda edición deste galardón elixiu por maioría o traballo titulado O home de negro, cuxa autora resultou ser a escritora viguesa María Ángeles Alfaya Bernárdez, máis coñecida como An Alfaya.

Composto por Luis Reimóndez, Armando Requeixo, Fernando Redondo, Juan Andrés e Rosalía Morlán, o xurado destacou a variedade e calidade dos traballos recibidos, subliñando que o elixido ostenta a capacidade de tecer unha historia con fortes doses de intriga e unha notable economía de recursos.

Tamén adelgazando a presenza de personaxes e escenarios para lograr unha extraordinaria concentración expresiva na que a linguaxe da súa prosa xoga un papel principal.

O premio foi entregado este venres en Gres, na sede da Fundación que leva o nome de Xosé Neira Vilas que, falecido hai dous outonos, cumpriría 89 anos. A editorial Embora publicará O home de negro.

Comentarios