O fútbol vale máis có traballo e a información

c OMO imos ir doutra maneira nun país no que é máis importante un partido de fútbol que o traballo, incluso para os xuíces. Unha xunta electoral acaba de entender que acudir á final da Champions é motivo suficiente para que un seareiro quede eximido da súa obriga cívica nunha mesa, cando por motivos laborais non se admite, como pasa cando un traballador dun medio de comunicación alega a necesidade de cubrir informativamente a xornada electoral.

A conclusión é que asistir a un espectáculo deportivo é máis importante que traballar e có dereito á información. Entón para a seguinte convocatoria os que somos socios dun club xa sabemos o que argüír diante do xuíz, que xoga o noso equipo e non podemos faltar, como o domingo o CD Lugo en Alacante, porque legalmente parece que o fútbol está por riba de todo, incluso da expresión máxima da democracia, a votación.

Comentarios