O fútbol como escusa

(*)

ARREDOR do fútbol conviven outros intereses e outros sentimentos. Non sei se se trata de lenda urbana ou é realidade, pero dise que o palco do Bernabeu é o lugar onde se concentra o maior volume de negocio en España, aínda que logo se concrete noutras oficinas. Tamén é alleo ao deporte a organización de grupos marcados por unha ideoloxía política, aínda que se artellen arredor dun estadio.

De feito, nada ten que ver co fútbol que dous grupos radicais, un de esquerdas e outro de dereitas, se citen para pegarse. É distinto a unha contenda deportiva que un conxunto de nacionalistas extremistas, españois uns e vascos outros, cheguen ás mans ou utilicen contundentes artefactos para dirimir un conflito de ideas. Porque do que se trata aquí é de impoñer pola forza un planteamento aos demais. Non se trata de afeccionados ao fútbol, trátase de fanáticos violentos.

(*) Se mantiene el idioma original del artículo.


Comentarios