El fruto del trabajo continuo

A familia Iglesia Vila, da SAT Rei de Miñotelo, con Sonrisa na Moexmu.
photo_camera A familia Iglesia Vila, da SAT Rei de Miñotelo, con Sonrisa na Moexmu.

A SAT familiar Rei de Miñotelo da Pastoriza converteuse na gran triunfadora da última Moexmu, ao impoñerse en seis seccións do concurso e facerse cos títulos de mellor criador, rabaño ou vaca nun ano «irrepetible».

o traballo continuado e a aposta pola mellora xenética. Esas son as claves do éxito da SAT pastoricense Rei de Miñotelo no concurso de gando frisón da Moexmu, unha cita á que esta gandería familiar da parroquia de Aguarda é asidua dende o 2004 e da que nesta edición voltaron para a casa cos petos cheos de premios.

Rei de Miñotelo acudiu a Muimenta con oito animais, entre eles Sonrrisa, que se fixo co título de Gran Campiona nunha final na que competía como vaca nova campiona contra dúas rivais da súa mesma granxa: Ninfa, a vaca intermedia campiona, e Sorpresa, a adulta campiona que ademais é a súa nai.

A explotación sumou seis primeiros postos en outras tantas seccións -xatas de ata oito meses e vacas en lactación de ata 30 meses, de 31 a 35, de catro anos, de cinco anos e de seis ou máis- e dous segundos -xatas de ata oito meses e de oito a dez-, polo que non resulta estraño que lograse tamén o galardón ao mellor rabaño nin A Pastoriza fose o segundo mellor concello do concurso, malia ser os únicos representantes. Fíxose, ademais, co título de mellor criador, ao que se opta sacando á pista os tres mellores animais nacidos na explotación.

GRAN CAMPIONA
Sonrisa, o mellor exemplar do rabaño

Con 31 meses de vida, Rey 547 Sonrisa Sid é o mellor animal que naceu na SAT Rei de Miñotelo. Á Moexmu chegaba xa cos títulos acadados en Silleda de Gran Campiona de Galicia e Gran Campiona Reserva de España, distincións que teñen especial mérito porque «é moi raro que unha vaca de primeiro parto gañe», precisa Alberto. Por iso ,confían nas posibilidades de mellora que ten un exemplar «que apunta moi alto». 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios