El fuerte de San Damián expone obras de nuevos artistas de la comarca

O elenco de artistas que expoñen en Mariñarte. AMA.
photo_camera O elenco de artistas que expoñen en Mariñarte. AMA.

A delegación de cultura do Concello ribadense presentou onte a sexta edición de Mariñarte, unha mostra cultural dirixida á potenciación da arte contemporánea realizada na comarca. A exposición ten un marco incomparábel xa que ocupará, ata o vindeiro 13 de agosto, o interior do forte de San Damián, fronte á ría.

Na exposición teñen cabida mostras de pintura, fotografía e ata escultura de artistas mariñáns. É o caso de David Catá -con obras fotográficas e de vídeo-; David Molejón, Alba López Álvarez e Manuel González, ‘El Farero’, no eido fotográfico; Mateo Guerreiro, Fernando Vilariño e Nacho Riesgo, no da escultura; ademais da pintora Mónica Justo e das ilustradoras Andrea Lombardía e Lucía Vila. Este ano existe unha sección para a exposición de obras de arte feitas polos máis cativos. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios