domingo. 25.07.2021 |
El tiempo
domingo. 25.07.2021
El tiempo

‘O fillo da furia’ ilustra la vida del último bandolero

A audacia de Mamed Casanova foi de tal magnitude que aínda hoxe, transcorrido case que un século dende os seus últimos atracos, interesou ao sarriao Manuel López Poy e ao barallense Miguel Fernández para contar a súa historia, como antes lles acontecera a Valle-Inclán ou a Pardo Bazán. Ambos os dous veñen de publicar ‘Mamed Casanova. O fillo da furia’ (Demo Editorial), un volume de 96 páxinas que amosa nas primeiras páxinas a valentía case inconsciente do último bandoleiro, que delinquiu polo norte de Lugo e A Coruña.

Manuel López Poy, guionista, sinala que comezou de moi novo perpretando delictos menores que o conduciron a dous reformatorios sendo un neno. Estreou a súa adolescencia
desenterrando o cadáver dun indiano para quedar coa súa roupa «e poder emigrar a América  ben vestido, porque el tamén tiña esa intención, aínda que despois non a cumpriu», comenta o guionista. Casanova fixo que un xastre lla axeitara e paseouse vestido co traxe do morto polas festas.

O seu golpe máis espectacular foi participar no asalto á casa reitoral do seu Grañas (Mañón) natal. No atraco mataron á criada do cura e os outros ladróns botáronlle as culpas por ser menor de idade.

López Poy asegura que o tema do bandoleirismo interésalle hai moitos anos «e tamén o cambio da sociedade que se deu co paso do século XIX ao XX». Engade que Mamed Casanova «acadou unha aureola romántica porque se opuxo aos caciques, aos indianos, aos curas e á Garda Civil; que eran os que mandaban e ninguén se atrevía con eles». O guionista sabe que «non era ningunha boa persoa, roubaba aos ricos porque eran os que tiñan cartos, pero tamén a estudantes ou aos que volvían das feiras».

Hai un par de anos coñeceu ao debuxante Miguel Fernández e propúxolle a idea. Poy residía en Barcelona daquela e o ilustrador, en Lugo, polo que traballaron a distancia nesta historia que
quixeron publicar primeiro en galego «porque era un personaxe de aquí que se moveu por Galicia», con mil exemplares, para «dentro duns meses», facer unha edición en castelán.

‘O fillo da furia’ ilustra la vida del último bandolero
Comentarios