''O éxito sempre vén despois do fracaso''

Manuel Díaz Ares, coa súa bicicleta.
photo_camera Manuel Díaz Ares, coa súa bicicleta.

O ecoloxismo chegou en boa a parte a Monforte e a súa comarca grazas a Manuel Díaz Ares cando deixou Barcelona, onde naceu porque alí emigraron os seus pais. Retornou ás súas orixes logo de traballar varios anos nunha cooperativa onde a actividade ecoloxista era a máxima. Trouxo a cabeza chea de ideas e montou un pequeno taller de bicicletas, sector no que estaba empregado en terras catalás coa marca Integral. Primeiro estivo nun local de 17 metros cadrados na Rúa Estrela, logo en O Morín e despois na Rúa Rosalía de Castro. A súa principal actividade era facer bicicletas á medida e necesidades do cliente, pero o negocio foi a menos e era o momento de diversificar ou de dedicarse a outra cousa, pois «está claro que as bicicletas son para o verán», recorda.

Nos seus anos dedicados ás bicicletas apunta que chegou a construílas ata para un grupo de sorianos que foron con elas á Patagonia e ata o mítico tándem co que o cego monfortino Pablo Rodríguez competiu na paraolimpiadas do 1996, celebradas en Atlanta.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios