Miércoles. 22.11.2017 |
El tiempo
Miércoles. 22.11.2017
El tiempo

O espírito máis enxebre apodérase Guitiriz

Carrilanas, artesanía, baile e probas equinas ou de sega con gadaña forman parte da cita

Os Vilares (Guitiriz) acolle este sábado a Romaría Labrega da Chaira, na que volven rodar as carrilanas tras varios anos, hai mostras de artesanía e inclúense probas equinas e con gadaña, entre outras moitas actividades.

O pregón correu a cargo da xefa da área provincial de Turismo, Paloma Vázquez Fernández, e a banda de gaitas municipal e a orquestra La Gira amenizaron a sesión vermú.

A partir das 18.00 horas chegan as probas ecuestres, con gincana e carreira. La Gira repertirá actuación na verbena na que se disputará a clasificatoria do concurso de baile por parellas, cuxa final será do domingo a partir das 23.00 horas. 

O espírito máis enxebre apodérase Guitiriz