miércoles. 15.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 15.07.2020
El tiempo

O espazo EcheiroUnhaVaca acolle un concerto de Davide Salvado

O cantautor de Marín foi premio Martín Códax 2015 ó mellor disco de música tradicional de Galicia co seu traballo ‘'Lobos'

O espazo de intervención artística EcheiroUnhaVaca, localizado na granxa Tejeda, na parroquia de Santa Locaia, en Castro de Rei, acolle este domingo dende as 17.00 horas, un concerto de Davide Salvado, un habitual deste espazo chairego, no que xa participou noutros proxectos coma un videoclip.

O cantautor de Marín, premio Martín Códax 2015 ó mellor disco de música tradicional de Galicia co seu traballo ‘Lobos’ -que deixa colleitado un grande éxito de crítica en varios festivais internacionais coma o Calgary Folk Festival, o Womex ou o Helsinki Festival- subirase ao escenario da man do percusionista Miguel Hiroshi, colaborador de grandes proxectos musicais coma o do propio Davide. O recital complétase con Daniel Pardo.

Estas actuacións permitiranlles aos asistentes explorar a conexión entre a música tradicional galega e as músicas do mundo.

Ademais do espectáculo musical, este evento, que quere convidar aos presentes a "participar nunha viaxe sensorial", tal e como explican os seus promotores, servirá tamén para que Doménicus presente oficialmente a cervexa Rubia Marina, elaborada con auga de mar.

Esta bebida vén de gañar o primeiro premio á mellor cervexa artesá de Galicia, tanto na feira de Lugo coma na de Ourense, polo que a marca, despois do éxito colleitado, busca agora asumir novos retos e abrir novos mercados coa fabricación de sabores diferentes.

O espazo EcheiroUnhaVaca acolle un concerto de Davide Salvado
Comentarios