''El erotismo es lo que nos diferencia a los seres humanos de los animales''

Verónica Martínez (Foto: J. Vázquez)
photo_camera Verónica Martínez (Foto: J. Vázquez)

Verónica Martínez, exprofesora do Porta da Auga e poeta que presenta o volume ‘Obrareunida 1994-1998’

Que podemos encontrarnos nesta ‘Obra completa’?

Todo o que escribín en poesía dende o ano 94 ata o 2008. En total hai sete libros e casi setecentas páxinas, nunha edición que é bilingüe, con traduccións feitas por min. Na miña poesía hai varios puntos en común, e sobre todo un reflexo de dor, de sufrimento humano, como ben describe Luis Luina no prólogo. O lector pode apreciar a evolución desa dor ó longo do tempo: ó principio vese como se parte de ser unha víctima, cara un dos últimos libros xa falo da saída desa dor. Tamén abundan as referencias a outros artistas, escritores ou pintores.

Unha das características da súa obra é o erotismo. Ten moita relación coa dor?

Esperemos que non! Aínda que cando desexamos algo, hai sufrimento. É inevitable xa que non vas ter sempre o que queres. Por eso na parte erótica tamén hai algo de dor; dor polo que non se pode alcanzar.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios