O Día do Deporte dá comezo nos colexios

A nutricionista Alba Vila destacou a importancia dunha boa alimentación
Conferencia de David Mariña
photo_camera Conferencia de David Mariña

A aposta do Concello de Burela polo deporte ten o seu reflexo na celebración este ano do Día Internacional do Deporte, que se conmemorou este mércores. E o mércores mesmo foi cando empezaron as actividades programadas polo equipo de goberno e fixerono nos colexios da localidade para falarlles aos nenos da importancia dunha boa alimentación. «Os nenos absorben todo, dá gusto traballar con eles porque non teñen as cousas interiorizadas como os adultos e responden moi ben», recoñece a edil de medio ambiente, Noelia Ben, que participa nestas xornadas e que está acostumada a traballar cos máis pequenos na súa área, a través de Gaia.

A encargada de levar a importancia da alimentación aos máis pequenos foi a nutricionista Alba Vila, que deixou claro que os nenos non sempre comen como deberían e recalcou que moitas das enfermidades que se desenvolven na idade adulta teñen a súa orixe nunha mala alimentación. Como exemplo puxo os casos de sobrepeso infantil que se están disparando: «En España estamos a la cabeza en sobrepeso infantil y en la comarca el porcentaje también es elevado». Vila avogou nas súas charlas por volver á alimentación dos avós, moito máis saudable que a actual.

Seguindo coa alimentación, tamén falou o osteópata e fisioterapeuta, David Mariña, que desenvolveu unha charla no salón de conferencias. Mariña enfocou moito a súa intervención no público asistente que puido plantexar as súas preguntas, pero fixo moito fincapé na importancia de combinar una boa alimentación coa práctica de exercicio diario.

Mariña tamén recordou que tan malo é o sendetarismo como excederse, polo que avogou por un término medio adaptado a cada persoa.

Comentarios