Juan Somoza: ''El deporte no es sólo competición, también educación''

Juan Somoza (Foto: M.M.)
photo_camera Juan Somoza (Foto: M.M.)

Juan Somoza leva máis de 30 anos dedicado ao deporte base na comarca chairega. Este arduo traballo recibiu a súa recompensa recentemente, coa distinción ao mérito deportivo das mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

o deporte é dende hai máis de 40 anos a súa forma de vida. Unha maneira de inculcarlles aos pequenos valores tan importantes como o compañeirismo ou o traballo en equipo. Primeiro dende a súa posición como mestre e, trala súa retirada da ensinanza, dende unha faceta máis lúdica. Por esta longa e estensa traxectoria como coordinador das escolas deportivas na comarca chairega, Juan Somoza recibiu a súa merecida recompensa recentemente coa distinción ao mérito deportivo que lle otorgou a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Como acolleu a noticia deste recoñecemento?

Pois con emoción e moita sorpresa, xa que empecei a recibir felicitacións dos monitores e responsables das distintas escolas municipais antes incluso de saber que recibiría tal distinción.

É un recoñecemento esperado, ou vostede traballa polo deporte base sen ánimo de recibir esas distincións?

Eu continúo nisto porque me gusta, é a miña vida, a miña paixón. Pero está claro que require moito esforzo e constancia xa que estamos activos dende o mes de novembro ata xuño. Agora, co paso dos anos, o traballo xa se fai máis sinxelo. Coñezo aos árbitros, aos monitores, transportistas... e se non podo estar unha fin de semana nun dos campionatos non pasa nada, está organizado todo con anterioridade. Iso non quere dicir que non me faga ilusión que se teña en conta o esforzo e o traballo de levar a cabo determinados actos deportivos en distintos puntos da comarca.

DE PRETO
«Sempre soñei con poder axudar aos demais co meu traballo»

De onde é?

Nacín nos Peares no ano 48.

Cantos anos leva en Castro?

Cheguei destinado ao colexio Veleiro Docampo no ano 79. E, dende o 2000, teño a miña casa de verán aquí. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios