O Courel revive cando canta

Marco, coa gran cornamusa, e Iago Alonso, no escenario, ante Foxo, Montero e Amancio Prada. TOÑO PARGA.
photo_camera Marco, coa gran cornamusa, e Iago Alonso, no escenario, ante Foxo, Montero e Amancio Prada. TOÑO PARGA.

Os SONS propios da serra do Courel saen da paisaxe. Os homes e mulleres da comarca son conscientes de que non hai nada igual e aprovéitanos para darlle senso ao seu vivir cotiá. A verba queda relegada pero cando se trata de acompañala con música o conto é distinto, tanto para o traballo como á hora de pasar esas longas noites formando o chamado filandón, unha xuntanza de veciños para falar e cantar. Hoxe, coa despoboación, quedou na historia, ata que hai 16 anos o musicólogo Xosé Luis Foxo apostou con outra xente da serra por facer unha xuntanza similar pero baixo a luz do sol.

Onte foi un deses días nos que na Ferrería de Seoane xuntáronse músicos, músicas, cantores e cantareiras para expresarse como antano e evitar que as cantigas de sempre quedasen no baúl do esquecemento. Acudiron ao XVI Filandón de Músicas do Courel máis de 150 artistas da zona, deses que non aparecen en grandes carteis, pero cos que conviviron e cantaron persoas de renome, como Amancio Prada e Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega. O berciano fixo gala da súa profesión e, como o ouresán, falou pero tamén cantou «cousas que marcaron a miña infancia e adolescencia», dixo. Ambos recibiron a Tésera de Hospitalidade do Courel.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios