El contragolpe del Pombo fue letal para el Outeiro de Rei

8

autocares pombo

 

4

outeiro de rei

 

Autocares Pombo: Gonzalo, Alberto, Jaco, Pablo, Óscar -quinteto inicial-, Sánchez, Fernando, Dío, Torres e Damiel.

Outeiro de Rei: Víctor, Diego, Xaime, Brais, Fran -quinteto inicial-, Manu, Joaquín, Osorio e Álvaro.

Goles: Dío (3), Fernando (3), Alberto e Óscar marcaron para o Autocares Pombo; e Fran (2), Brais e Diego anotaron para o Outeiro.

Árbitros: Trincado Fernández e Dans Rey (delegación de A Coruña).

Incidencias: Encontro disputado no Pavillón Municipal Barrio de las Flores ante a presenza de escasos afeccioados nas bancadas.

O Outeiro de Rei sucumbiu na súa visita á pista do líder por 8-4, nun encontro de Autonómica Norte.

Os primeiros minutos foron de tanteo, entre dous conxuntos que realizan un gran fútbol sala. Óscar abriría o marcador cun autético golazo por toda a escadra (1-0). No ecuador da primeira metade o Outeiro daríalle a volta ao marcador (1-2), porén os santiagueses igualarían de novo a contenda na seguinte xogada.

Nos últimos intres da primeira metade, dúas rápidas accións ao contragolpe do Pombo propiciaron que os lucenses se marchasen por debaixo no marcador ao descanso (5-3).

Segunda metade

O Outeiro realizou unha asfixiante presión a toda a pista, porén nunha acción illada o Autocares Pombo aumentaba as diferencias (7-4). O conxunto de Pablo non se veu abaixo e dispuxo de numerosas ocasións para reducir as diferencias, aínda que a falla de puntería dos lucenses impediu calquera opción.

A falla de 2 segundos para a conclusión, o cadro santiagués sentenciaba o encontro co oitavo e definitivo gol, que deixaba os tres puntos na casa.

Comentarios