José Manuel Romero repasou a historia do condado de Fontao nas xornadas de Foz

José Manuel Romero Moreno recordou a vinculación desta linaxe coa actividade económica do concello focense e da comarca
Charla do Conde de Fontao (a dereita da mesa), na casa da cultura de Foz
photo_camera Charla do Conde de Fontao (a dereita da mesa), na casa da cultura de Foz

As xornadas de historia local que cada verán organiza en Foz a asociación A Pomba do Arco, quedaron inauguradas este luns coa conferencia ‘O Condado de Fontao’, impartida por José Manuel Romero Moreno, actual Conde de Fontao. O acto foi presentado por Ramón Fernández Pacios, que destacou a relación da familia Moscoso coa comarca xa dende a Idade Feudal, en 1340. Acto seguido, procedeu a presentar ao Conde de Fontao, destacando os seus logros profesionais e a súa relación coa comarca.

No seu turno de palabra, José Manuel Romero Moreno, actual Conde de Fontao, destacou que para el era una gran honra "compartir estes momentos de lecer". Sinalou "la presentación cariñosa y rigurosa que ha tenido Ramón sobre mi familia". O Conde de Fontao, destacou o traballo da asociación A Pomba do Arco, destacando que "enriquece Foz, porque se plantean y estudian aspectos históricos que han sido referentes para la comarca".

José Manuel Romero Moreno indicou que no seu coloquio o obxectivo era dar a coñecer os seus antecedentes familiares pero tamén "compartir las experiencia vividas con este Condado de Fontao". Para empezar, Romero Moreno destacou "la antigua relación de los Moscoso con Foz", indicando as súas orixes en 1340. Romero Moreno sinalou tamén a importancia de Vasco Lópe de Moscoso coa economía da vila, sinalando que "trabajó en la fundación del hierro", e sinalando a relación deste familiar co mayorazgo que se crea no lugar de Ferreiravella, no lugar de Mondoñedo.

Romero Moreno tamén destacou a vinculación máis recente da familia Fontao coa vila, recordando os portos baleiros de Foz e Nois, de gran importancia na comarca, e en especial en Foz.

Comentarios