O Concello presenta nas Catedrais a tarxeta do viaxeiro tras superar as 22.000 visitas en xullo

Colas na oficina de turismo ribadense, en xullo. AMA.
photo_camera Colas na oficina de turismo ribadense, en xullo. AMA.

A concelleira de turismo ribadense, Ana Martínez, presentaba onte os datos de visitantes do mes de xullo. Segundo os mesmos, máis de 22.000 persoas pasaron polos dous puntos de información turística da localidade, situados no centro da vila e na praia das Catedrais.

Estas mesmas estatísticas confirmaban que a ocupación hoteleira rondou o 72% durante o pasado mes, e prevese aínda maior afluencia neste mes de agosto.
 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios