lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

O Concello do Vicedo liquidou o 2012 cun superávit de 1,6 millóns de euros

A comisión de contas do Vicedo analizou a liquidación da conta xeral do 2012, que pechou cun superávit de 1.654.121 euros. Esa cifra é o remanente de tesoureiría que ten o Concello, que resulta tras aplicar os saldos de dubidoso cobro e o exceso de financiación afectada.

Segundo o resumo final, o Concello ten 1.088.453 euros de fondos líquidos, 1.054.835 de dereitos pendentes de cobro, 315.285 euros de obrigas pendentes de pago, a financiación afectada suma 69.588 euros e o remanente de tesoureiría é de 1.828.003 euros. No apartado de ingresos, durante o ano 2012 tivo unha recadación neta de 1.253.884 euros, ten pendentes de cobro 642.767 (34%) e 1.896.651 euros de dereitos recoñecidos netos. En gastos destacan 1.736.642 euros de obrigas recoñecidas, 1.475.249 de pagos feitos e 261.393 (15%) de obrigas pendentes.

Consiga AQUÍ la información completa

O Concello do Vicedo liquidou o 2012 cun superávit de 1,6 millóns...
Comentarios