O Concello de Quiroga deseña un plan de emprego para 14 mozos

Un momento da firma dos contratos. (TOÑO PARGA)
photo_camera Un momento da firma dos contratos. (TOÑO PARGA)

Un total de 14 rapaces de Quiroga traballarán dende hoxe e durante todo o verán en distintos servizos municipais grazas a un plan de emprego posto en marcha e financiado exclusivamente polo Concello. Os mozos teñen menos de 30 anos, están cursando estudos universitarios e de formación profesional e serán os encargados de cubrir os descansos dos traballadores municipais e facerse cargo das actividades estivais que organiza a administración local.

A firma dos contratos tivo lugar onte, un acto no que participou o rexedor, Julio Álvarez Núñez, e os propios rapaces. Núñez destacou que no 2013 a administración local apostou por crear este plan de emprego e que os seus bos resultados provocaron que a iniciativa se repetise este ano.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios