El club de bolos O Cadaval hizo un abierto de billarda en Castro

Participantes no primeiro aberto de billarda Galiña de Mos. (Foto: EP)
photo_camera Participantes no primeiro aberto de billarda Galiña de Mos. (Foto: EP)

A emblemática carballeira de Castro de Ribeiras de Lea acolleu esta fin de semana, coincidindo coa celebración da segunda Expodegustación da Galiña de Mos, a disputa do primeiro Aberto de Billarda Galiña de Mos, unha proba promovida polo club de bolos O Cadaval.

David Saavedra, de Pacios, Mario Saavedra, tamén de Pacios, e Kiko de Muimenta ocuparon os tres primeiros postos do podio entre os xogadores do clube anfitrión, mentres que entre os xogadores da Liga Nacional de Billarda O Varal o primeiro foi Guille de Ribadeo, segundo quedó Xosé Rodiño, tamén de Ribadeo, e terceiro quedou Erick de Sanxenxo.

Na entretida proba tamén tomaron parte outros xogadores, non vencellados a ningún equipo. Entre estes afeccionados, Reyes de Ribadeo foi a mellor competidora, escoltada no podio pola súa veciña Dolores e por Carmen, da Pastoriza.

Premios

Os gañadores levaron unha galiña de Mos e os que quedaron no segundo lugar obtiveron cadansúa ducia de ovos. Para os que acadaron o terceiro posto, os galardóns variaron entre un bandeirín ou un prato conmemorativos da cita, obsequios que, xunto cuns chaveiros, tamén completaron a recompensa dos primeiros e segundos clasificados.

Todos os agasallos foron doados polo clube organizador desta cita e polo Concello de Castro de Rei, representado na entrega de premios polo alcalde, Juan José Díaz Valiño, e a edil Ana Canto.

Dobre promoción

  • Este primeiro Aberto de billarda Galiña de Mos disputado en Castro tiña como obxectivo promocionar tanto unha raza autóctona recuperada por Avimós na última década coma un dos xogos máis populares de Galicia, posto en valor nos últimos anos logo de ser moi popular no século XIX e que axuda a gañar axilidade ou ensina a calcular distancias.

Comentarios