El circuito de teatro Buxiganga arranca esta semana con la participación de 30 grupos de Lugo

Mario Outeiro, na presentación do programa Buxiganga. (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Mario Outeiro, na presentación do programa Buxiganga. (Foto: Pepe Tejero)

O circuito de teatro Buxiganga 2013, organizado pola área de cultura da Deputación, arranca esta semana e levará o teatro afeccionado por toda a provincia de Lugo. En total, serán 81 representacións a cargo de 30 grupos de teatro afeccionado, que reúnen un elenco de 296 actores.

O delegado de cultura e turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, presentou onte o programa de actividades para a nova edición de Buxiganga e destacou o incremento progresivo do número de agrupacións participantes. Outeiro indicou que a primeira edición contou con doce grupos e este ano, na quinta convocatoria, son xa 30.

Programa

Alfoz: Nova Escena, ‘2155’ (17/11).
Barreiros: A Adala, ‘Atoados’ (27/10).
Becerreá: Teatro Monart, ‘Contos ben dispares’ (22/6).
Begonte: A Adala, ‘Atoados’ (18/5).
Bóveda: Rebuldeira, ‘Farsa Plautina’ (17/11).
Burela: Hipócrita Teatro, ‘Unha historia con pau’ (9/11).
Carballedo: O Batán, ‘Cambadelas’ (11/5); O Bordelo, ‘Fume de carozo’ (16/11).
Cervo: Nova Escena, ‘2155’ (16/11).
Chantada: Teatro Crea, ‘Butaca 16’ (26/10).
A Fonsagrada: Axóuxeres, ‘Véndese a mula/A Pousada’ (16/11).
Guitiriz: Nova Escena, ‘2155’ (21/9).
Guntín: O Batán, ‘Cambadelas’ (7/7).
Láncara: Axóuxeres, ‘Véndese a mula/A Pousada’ (15/6); Achádego, ‘As alegres comadres’ (9/11).
Lourenzá: Axóuxeres, ‘Véndese mula/A Pousada’ (9/11); Raiolas, ‘Ruídos na casa’ (16/11).
Monforte: Ollomao, ‘Os vellos non deben namorarse’ (19/10); Teatro Monat, ‘Contos ben dispares’ (27/10); Mequetrefes, ‘Folie á trois’ (10/11).
Muras: Teatro Crea, ‘Butaca 16’ (19/10).
Outeiro de Rei: Hipócrita Teatro, ‘Unha historia con pau’ (10/11).
Pantón: Faro Miño, ‘Operación Voltarén’ (3/11); Hospital Xeral, ‘As mañas das mozas’ (17/11).
A Pontenova: Os Trocos, ‘Falamos de cartos’ (11/5).
Portomarín: Hipócrita Teatro, ‘Unha historia con pau’ (20/7).
Quiroga: A Adala, ‘Atoados’ (9/11).
Rábade: Alentía Teatro, ‘Lambetadas de fantasía’ (12/5).
Ribadeo: Rebuldeira, ‘Farsa Plautina’ (12/10); Biblioteca Antas de Ulla, ‘A vida de Brian’ (19/10); Os Trocos, ‘Falamos de cartos’ (10/11).
Ribas do Sil: Pinchacarneiro, ‘Os perseguidores de soños’ (2/11).
Riotorto: Zampalladas, ‘Borralliña’ (15/6).
Sarria: Grupo de teatro de Ribadeo, ‘Os Putativos’ (9/11).
O Saviñao: Biblioteca Antas de Ulla, ‘A vida de Brian’ (2/11).
Sober: Do Miolo e Cía, ‘Non son d’aquí’ (19/10).
Taboada: Falcatrueiros, ‘Crimes exemplares’ (19/10).
O Valadouro: Ollomao, ‘Os vellos non deben namorarse’ (1/9).
O Vicedo: Raiolas, ‘Ruídos na casa’ (19/10); Faro Miño, ‘Operación Voltarén’ (9/11).
Viveiro: Achádego, ‘As alegres comadres’ (19/10); O Bordelo, ‘Fume de carozo’ (26/10).
Xermade: Raiolas, ‘Ruídos na casa’ (26/10).
A.C. O Bosque de Ferreiros: Alentía Teatro, ‘Lambetadas de Fantasía’ (12/5).
AA.VV. San Román de Vilaestrofe/As Espalladoiras: Os Trocos, ‘Falamos de cartos’ (25/5).
La Unión: Metátese, ‘Avelaíñas’ (26/5).
A.C. Penas de Rodas: Hospital Xeral, ‘As mañas das mozas’ (2/6).
Xotramu: Zampalladas, ‘Borralliña’ (8/6).
A.C. Arumes do Corgo: Hospital Xeral, ‘As mañas das mozas’ (8/6); Rebuldeira, Farsa Plautina (16/11).
Rebuldeira Teatro: O Batán, ‘Cambadelas’ (8/6); Parápono Teatro, ‘As criadas’ (28/9).
AA.VV. do Burgo de Trasbar: Xoldra Teatro, ‘Érase unha vez’ (22/6).
Eme de Meira: Zampalladas, ‘Borralliña’ (29/6).
O Carballo: Mequetrefes, ‘Folie á trois’ (30/6); Metátese, ‘Avelaíñas’ (17/11).
Remansiño do Sil: Teatro Monart, ‘Contos ben dispares’ (27/7).
AA.VV. San Miguel: Ardora, ‘Acernos’ (7/9).
Castiñeiro Milenario: Palimoquiños, ‘Real... ou non?’ (7/9); Nostrum Cai, ‘Radio Universo’ (14/9).
Horticelos: Faro Miño, ‘Operación Voltarén’ (8/9).
Pobo de Miranda: Biblioteca Antas de Ulla, ‘A vida de Brian’ (21/9).
Amigos da Feira: A Rabela, ‘Miña sogra é incrible’ (22/9).
Leña Verde: Metátese, ‘Oniromancia’ (28/9).
O Buril: Alentía Teatro, ‘Lambetadas de Fantasía’ (29/9); Do Miolo e Cía, ‘Non son d’aquí’ (18/10).
AA.VV. San Amaro de Barbaín: A Rabela, ‘Miña sogra é incrible’ (12/10).
A Lagoa: Parápono Teatro, ‘As criadas’ (19/10).
San Xoán de Tirimol: Mequetrefes, ‘Folie á trois’ (20/10).
Arrincadeira: Do Miolo e Cía, ‘Non son d’aquí’ (26/10); Xoldra, ‘Érase unha vez’ (16/11).
A.C. Ignacio Rei Stolle: Falcatrueiros, ‘Crimes exemplares’ (27/10); O Bordelo, ‘Fume de carozo’ (3/11).
San Pedro de Cangas: Achádego, ‘As alegres comadres’ (27/10).
Ollomao: Grupo de teatro de Ribadeo, ‘Os Putativos’ (2/11); Nostrum Cai, ‘Radio Universo’ (10/11).
Penas de Rodas: A Rabela, ‘Miña sogra é incrible’ (9/11).
Zampalladas: Palimoquiños, ‘Real... ou non?’ (10/11).
Os Castros: Pinchacarneiro, ‘Os perseguidores de soños’ (17/11).
Irmandade San Caetano: Ardora, ‘Acernos’ (17/11).

Comentarios