O centro cívico de Cangas pecha a tempada de bailes mañá coa actuación de dúas orquestras

O centro cívico de Cangas pechará esta tempada de bailes por todo o alto, coa actuación de dúas orquestras. A festa de despedida terá lugar mañá, día das Letras Galegas a partires das nove da noite.

Os grupos Poceiro e Players serán os encargados de amenizar esta última festa na parroquia focense, onde cada sábado reúnense máis de duascentas persoas para pasar unha noite de diversión, na que o baile non cesa, coa vantaxe de que se celebra nun recinto pechado, que conta con calefación para evitar as xornadas máis frías. Ademais, funciona un servicio de bar durante toda a noite para atender ós asistentes.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios